Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

A Xunta destaca a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal

11 Abril 2017

A Xunta destaca a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2017

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o exemplo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como referente de cooperación transfronteririza, grazas á cal ambas rexións son as máis beneficiadas pola 1ª convocatoria de Fondos Europeos Interreg V-A (POCTEP), con 45 proxectos aprobados por un importe que supera os 90 millóns de euros.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da vicepresidenta da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento da Rexión Norte de Portugal, Ester Gomes da Silva, e do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, compareceu hoxe en rolda de prensa para dar a coñecer as principais características do programa de Fondos Interreg para os vindeiros anos (Programa POCTEP) aprobado a pasada semana en Faro.

Rueda indicou que nos últimos anos se reforzou a colaboración na Eurorrexión, impulsando proxectos como o Ariem, poñendo en marcha a Agrupación Europea de Cooperación Territorial GNP-AECT, elaborando un Plan de Investimentos Conxuntos para a Eurorrexión e ampliando a colaboración con outros socios, como no caso da Macrorrexión RESOE. O Programa Interreg V-A (POCTEP) é un exemplo máis de esa cooperación, no que están involucradas numerosas institucións como a Administración central, os concellos, as deputacións e, por vez primeira, tamén empresas.

Nos proxectos aprobados están representadas todas as consellerías da Xunta que participaron na convocatoria, con representación en distintos eixos e sectores de actividade, como son a xestión de residuos, a nanotecnoloxía, solucións tecnolóxicas dirixidas a incrementar a calidade dos sistemas sanitarios ao apoio e mantemento das persoas maiores no contorno rural, internacionalización das empresas da Eurorrexión á cooperación institucional, xestión conxunta en materia de emerxencias á mellora do hábitat para os peces migradores ou o turismo náutico ou a conservación da Reserva da Biosfera transfronteiriza.

Interreg V-A. Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal 

O programa Interreg é unha das pedras angulares da política rexional europea, e ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento rexional integrado entre rexións fronteirizas veciñas para desenvolver a cooperación transfronteiriza, tanto a nivel económico como social, por medio de estratexias que priman a presentación de proxectos conxuntos.

Documentos

Ligazóns

Funciona con Drupal