Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

As comisións da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal se reúnen para acordar as estratexias de cara segunda convocatoria do Ingerreg V-A

21 Febreiro 2018

As comisións da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal se reúnen para acordar as estratexias de cara segunda convocatoria do Ingerreg V-A

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo acompañado da vicepresidenta da CCDR-N, Ester Silva, participou esta mañá na reunión.

No marco desta reunión establécense as estratexias e prioridades para formular proxectos comúns que podan aspirar a ser financiados.

Á reunión tamén asistiron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e os directores de Emerxencias e Interior, e Administración Local, Luis Menor e Marta Fernández-Tapias, respectivamente.

Valença (Portugal), 20 de febreiro de 2018

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo e a vicepresidenta da CCDR-N, Ester Silva, presidiron esta mañá a reunión das Comisións sectoriais e territoriais da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V-A(POCTEP). Esta reunión serviu para que os organismos integrantes da Comunidade de Traballo acorden estratexias e prioridades para formular proxectos comúns que podan aspirar a ser financiados, de acordo cos requisitos do programa. Á reunión tamén asistiron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e os directores de Emerxencias e Interior, e Administración Local, Luis Menor e Marta Fernández-Tapias, respectivamente.

Dende a Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, que dirixe o presidente da Xunta desde maio de 2017, orientaranse as actividades no fomento e o desenvolvemento de proxectos e propostas a prol da innovación e a competitividade empresarial; no impulso da chamada cooperación de proximidade, ou o traballo en favor da cidadanía da Eurorrexión; e na proxección da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal cara ao exterior, tanto na captación de investimentos, como no desenvolvemento dunhas estratexia exterior conxunta no eido cultural e empresarial.

Estes obxectivos previstos para a presidencia galega da Comunidade de Traballo non se poden acadar sen o traballo coordenado entre o persoal e as autoridades da Xunta de Galicia e da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, xunta cos concellos da Eurorrexión (e nomeadamente as Eurocidades) e, naturalmente coas administracións centrais de España e de Portugal. Neste labor de coordinación, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) resulta un instrumento esencial. Ademais, cobra unha especial importancia a competencia leal entre Galicia e o Norte de Portugal.

2ª convocatoria Interreg V-A

Ademais de referirse aos grandes obxectivos da presidencia galega da Comunidade de Traballo, tamén aproveitou para pormenorizar as condicións da segunda convocatoria do Programa INTERREG V-A (POCTEP). O prazo para a presentación de proxectos comeza o 28 de febreiro de 2018 e finaliza o 28 de marzo de 2018. A presentación de solicitudes ha de facerse de forma telemática, a través da plataforma Coopera 2020.

Os requisitos principais dos proxectos son: ter polo menos dous socios un de cada Estado, ter carácter transfronteirizo, ter un claro enfoque a resultados e contribuír ao desenvolvemento das zonas elixibles. As entidades privadas con carácter industrial ou mercantil poderán participar nos proxectos como beneficiarios pero non como beneficiarios principais Está previsto que o Comité de Seguimento aprobe no mes de febreiro de 2018 as Bases da Segunda Convocatoria con todas as condicións da mesma. A dotación prevista de axuda FEDER ascendería a unha cantidade máxima de 90.266.340 euros.

 

Imaxes relacionadas

Documentos

Ligazóns

Desenrrolado con Drupal