Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

Comunidade de Traballo

Banner Comunidade  de Traballo

Período anterior a creación formal da Comunidade de Traballo

A Xunta de Galicia e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte teñen desenvolvido ao longo dos últimos anos, unhas estreitas relacións, facilitadas pola súa veciñanza xeográfica e polas afinidades entre as dúas rexións. Baséanse en aspectos históricos e culturais e nas potencialidades que resultan de considerar un espazo económico conxunto Galicia-Norte de Portugal, particularmente, en termos de mercado e nas vantaxes que poidan resultar da estructuración do Noroeste Peninsular para a cohesión do territorio comunitario. A aproximación entre as dúas institucións data do inicio dos anos 80, materializada nos contactos realizados polo Prof. Douctor Valente de Oliveira, entón Presidente da CCRN, e o Excmo. Sr. D. Gerardo Fernández Albor, entón Presidente da Xunta de Galicia. A concertación de posicións conxuntas no seo da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), e o estudo da caracterización infra-estrutual da Conca do río Miño solidifican os primeiros traballos de coordinación técnica entre as dúas institucións.

O segundo paso importante consistiu nun exercicio de armonización dos Programas de Desenvolvemento Rexional entón dispoñibles para os dous territorios, co fin de dotar ao encontro entre as dúas institucións dunha entorna estratéxica de referencia.

Así, en 1986 xurdiu a Memoria Conxunta de petición de financiamento dun estudo global do Norte de Portugal-Galicia para intervencións específicas comunitarias, estudo que tiña por obxectivo analizar os aspectos económicos e sociais de cooperación entre a Rexión Norte e Galicia. No obstante, non se tratou dunha simple investigación técnica, polo contrario, pretendíase que o estudo fose operacional, no sentido de servir de base a actuacións programadas para a consecución de obxectivos a curto, medio e, eventualmente, longo prazo.

 

Nesta liña de concretización é onde debe situarse a realización, en outubro de 1988, das 1as Xornadas Técnicas e, en decembro de 1990, das 2as Xornadas Técnicas entre as dúas rexións, as cales permitiron unha significativa profundización no proceso de cooperación.

A partir destas 2as Xornadas as instituciones das dúas Rexións verifican a necesidade da existencia dunha estrutura que favoreza a continuidade, a coherencia e o incremento da cooperación transfronteiriza, polo que asumen formalmente o interese na encadrar a súa cooperación nun programa de traballo estruturado funcional e institucionalmente, dando orixe a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, cuxo Acordo Constitutivo foi asinado en outubro de 1991.

 

Acordo Constitutivo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

 

Período posterior a creación formal da Comunidade de Traballo

 

Coa sinatura do Acordo Constitutivo, abriuse un novo capítulo na historia das relacións institucionais entre as dúas rexións transfronteirizas. Tendo como telón de fondo unha crecente interdependencia e solidaridade rexionais, nunha perspectiva de armoniosa aproximación de ámbalas dúas rexións ao Mercado Único Europeo, a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal desenvolveu un esforzo de resolución de problemas comúns e de aproveitameento dos recursos materiais das dúas rexións.

 

A Presidencia da Comunidade de Traballo foi asumida pola Xunta de Galicia nos dous primeiros anos da súa existencia. No primeiro ano de funcionamento abríronse varios frentes de cooperación, concretados esencialmente en proxectos asumidos por institucións públicas das dúas rexións.

 

Estes frentes de cooperación constituironse en Comisións Sectoriais e Territoriais inscritas no organigrama de funcionamento da Comunidade de Traballo.

 

No primeiro plenario da Comunidade de Traballo, realizado en Santiago de Compostela no ano 1992, creáronse seis Comisións Sectoriais: Agricultura e Pesca; Cultura e  Desenvolvemento Local; Formación, Ciencia e Tecnoloxía; Turismo; Medio Ambiente, Ordenación e Recursos Naturais e Administración Rexional e Local.

Na actualidade, o Acordo Constitutivo da Comunidade de Traballo foi adaptado, o día 24 de febreiro de 2006, ás disposicións do Tratado entre o Reino de España e a República Portuguesa sobre Cooperación Transfronteiriza entre Entidades e Instancias Territoriais do 30 de outubro de 2002, cuxa entrada en vigor se produciu o 30 de xaneiro de 2004.

 

Co transcurso dos anos, a cooperación transfronteiriza entre as dúas rexións foise intensificando e ampliando a outros ámbitos de actuación, así como tamén se teñen ido incorporando progresivamente representantes da Administración Local fronteiriza. O número de institucións, tanto rexionais como locais, implicadas neste proceso foron aumentando, do que resulta a actual estrutura orgánica da Comunidade de Traballo:

A Comunidade de Traballo está formada, na actualidade, por 9 Comisións:

•             Catro Comisións Sectoriais (Desenvolvemento Sostible e Planeamento, Desenvolvemento Económico e Turismo, Innovación e Eficiencia Enerxética e Cidadanía);

•             Catro Comunidades Territoriais de Cooperación (CTC do Val do Miño, CTC do Val do Limia, CTC do Val do Támega e CTC do Val do Cávado) que agrupan institucións de ambos os dous lados da fronteira: Cámaras Municipais portuguesas, Concellos e Deputacións Provinciais de Galicia;

•             Unha Comisión específica, constituída polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que se ocupa da política urbana das cidades que forman parte deste.

 

Estas Comisión Sectoriais e Territoriais desenvolven, desde a súa creación, innumerables actividades que son o reflexo deste progresivo aumento de cooperación

Desenrrolado con Drupal