Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

En Galicia y Norte de Portugal el programa IACOBUS financiará 135 estadías en centros de formación profesional.

09 Xaneiro 2018

En Galicia y Norte de Portugal el programa IACOBUS financiará 135 estadías en centros de formación profesional.

Santiago de Compostela, 09 de xaneiro de 2018

  •  Destas 135 candidaturas seleccionadas, 65 son das universidades portuguesas e 70 son oriúndas das universidades galegas.
  •  El obxectivo é fomentar a cooperación e o intercambio para a posta en común de actividades formativas entre profesores e centros da Eurorrexión.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) vén de informar da resolución das solicitudes da quinta convocatoria do Programa IACOBUS-FP, na que resultaron beneficiados 135 candidaturas.

Tras avaliar as 295 candidaturas presentadas ata o día 20 de decembro, a Comisión aprobou 135 candidatura, das cales 76 son docentes, 20 Persoal de Administración e Servizos (PAS) e 39 Investigadores de Doutoramento e de Pos-Doutoramento. Destas 135 candidaturas seleccionadas, 65 son das universidades portuguesas e 70 son oriúndas das universidades galegas. A 5ª convocatoria ten unha dotación orzamentaria de 150.000€.

As áreas de traballo, cuxo período de intercambio decorre entre o día 1 de febreiro e o día 30 de xuño, son moitas, destacando as Ciencias da Saúde, as Humanidades, as Enxeñarías, as Ciencias Económicas e Empresariais, as Ciencias Sociais, as Tecnoloxías da Información e Comunicación, as Ciencias Ambientais, os Recursos Naturais, o Dereito, entre outras.

O programa “IACOBUS” é un Programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica que xorde coa intención de dar un paso mais cara a configurar un auténtico espazo de integración interrexional entre as Universidades e institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. IACOBUS, é unha acción impulsada pola Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal que provén das prioridades definidas no PIC - Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión e das estratexias establecidas pola RIS3-T, contando co apoio da Unión Europea, tendo financiamento do Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A selección dos demandantes foi realizada por unha Comisión de Avaliación presidida polo GNP, AECT, na calidade de entidade xestora do Programa IACOBUS, incluíndo representantes da Fundación CEER, en representación das Universidades da Eurorrexión, da CCDR-N do Norte de Portugal e da Xunta de Galicia.

Documentos

Ligazóns

Desenrrolado con Drupal