Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

Encontro Galego-Portugués “A colaboración en rede na promoción do cooperativismo e a economía social: a Rede Eusumo”

Encontro Galego-Portugués “A colaboración en rede na promoción do cooperativismo e a economía social: a Rede Eusumo”

martes 27 de Maio del 2014 | 9:30
Seminarios

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, en colaboración coa Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, organiza o Encontro Galego-Portugués “A colaboración en rede na promoción do cooperativismo e a economía social: a Rede Eusumo” que terá lugar  o martes 27 de maio na Aula UNED de Tui.

Este encontro ten como obxectivo o fortalecemento da colaboración institucional e a intercooperación entre as entidades de economía social de Galicia e do Norte de Portugal. Ademais, contaremos cun espazo no que se exhibirá unha mostra de produtos e servizos das cooperativas da Eurorrexión, ás que animamos a participar neste interesante punto de encontro no que poderán presentar as súas propostas empresariais.

As persoas destinatarias desta actividade son, principalmente, os axentes públicos e privados relacionados coa promoción do cooperativismo e o autoemprego na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: axentes de emprego e desenvolvemento local, persoas socias de cooperativas xa constituídas, persoas que estean interesadas en emprender e público en xeral.

Documentación asociada ao evento:
Aula UNED de Tui ( Antigo Convento de Santo Domingo)
Tui
Pontevedra
Desenrrolado con Drupal