Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

IACOBUS abre nova fase de candidaturas

21 Novembro 2014

IACOBUS abre nova fase de candidaturas

Poden presentarse as candidaturas ata o 5 de decembro. A segunda convocatoria do Programa IACOBUS ten un financiamento de 100 mil euros, destinado a proxectos de intercambio a implementar no próximo ano, entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril de 2015.

Ábrese a segunda convocatoria do programa IACOBUS cun prazo para a presentación de candidaturas que remata o día 5 de decembro de 2014.

Os proxectos de intercambios terán que ser realizados do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2015.O financiamento para esta segunda convocatoria é de 100 mil euros.

Despois do enorme éxito da primeira convocatoria do programa IACOBUS, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) publica unha segunda convocatoria deste programa, que ten como obxectivo apoiar o intercambio entre profesores, investigadores e persoal administrativo e de servizos das Institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

A AECT abriu a primeira convocatoria en xullo de 2014, aprobando 118 candidaturas (72 españolas e 46 portuguesas). As candidaturas foron distribuídas da seguinte forma: 73 para Persoal Docente e Investigador, 30 para Investigación e 15 para Persoal de Administración e Servizos, abranguendo practicamente todas as áreas de coñecemento.

O Programa IACOBUS pretende fomentar a cooperación e a mobilidade académica no espazo universitario luso-galaico, apostando polo desenvolvemento de proxectos formativos e de investigación científica comúns, entre PDI, PAS e Investigadores. Un proxecto piloto de formación continua que xunta 11 institucións de ensino superior do Norte de Portugal e de Galicia.

As candidaturas deberán ser enviadas por correo ordinario ata o día 5 de decembro de 2014 (data do selo postal) á dirección da sede do GNP-AECT [Rúa Eduardo Cabello, s/n. Edificio CETMAR, 2º piso. 36208-Bouzas, Vigo (Pontevedra - España)]. Tamén poderán ser presentadas nas Institucións referidas no apartado 1 da Convocatoria e na Fundación CEER, que deberán remitilas á GNP-AECT ata o día 5 de decembro de 2014.

Desenrrolado con Drupal