Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

O Presidente da Xunta , ALberto Núñez Feijóo e o Ministro de Planeamento e Inrfaestructuras Portugués Pedro Marques clausurarán hoxe en Braga o acto da Comunidade de Traballo Galicia-NP onde tratarán o balance e perspectivas de futuro da Eurorrexión.

15 Maio 2017

O Presidente da Xunta , ALberto Núñez Feijóo e o Ministro de Planeamento e Inrfaestructuras Portugués Pedro Marques clausurarán hoxe en Braga o acto da Comunidade de Traballo Galicia-NP onde tratarán o balance e perspectivas de futuro da Eurorrexión.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

A comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal reunirase hoxe en pleno, en Braga, para facer balance dos avances realizados ata o momento na Eurorrexión, así como para marcar os obxectivos de futuro.

O acto será clausurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e polo ministro de Planeamento e Infraestruturas do goberno portugués, Pedro Marques. Ademais, na xornada farase efectivo o traspaso da presidencia da Comunidade de Traballo ao presidente da Xunta de Galicia.

No transcurso da xuntanza, terán lugar dúas sesións de traballo. A primeira centrarase nas boas prácticas de cooperación na Eurorrexión. Intervirán o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o profesor da Universidade do Porto, António Figueiredo; o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; e o presidente da asociación empresarial de Portugal, Paulo Nunes de Almeida.

A continuación abordaranse o balance e as perspectivas da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal. As intervencións correrán a cargo do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo; e da vicepresidente da comisión de coordinación e desenvolvemento rexional do norte, Ester Silva.

Documentos

Ligazóns

Desenrrolado con Drupal