18 Xuño 2019
Presentación resultados da 2ª convocatoria do POCTEP
O obxectivo da xornada foi amosar os resultados dos investimentos que este Programa de Cooperación Transfronteiriza está a acadar no territorio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, renovando a nosa vontade de contribuír á construción dunha ferramenta de divulgación, unha voz propia que nos axude a consolidar os nosos retos de cara aos vindeiros anos.