Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

Reunión da Asemblea e do Consello Superior dos órganos directivos da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (AECT)

13 Febreiro 2018

Reunión da Asemblea e do Consello Superior dos órganos directivos da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (AECT)

A EURORREXIÓN GALICIA NORTE DE PORTUGAL (AECT) APROBA O SEU PROGRAMA DE TRABALLO PARA O ANO 2018 CENTRADO EN INTENSIFICAR A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE AMBOS OS TERRITORIOS. DESTACAN As ACTUACIÓNS EN MATERIA DE INNOVACIÓN, EMPREGO, APOIO Ao EMPRENDEMENTO E COOPERACIÓN LOCAL.

Na mañá de hoxe día 8 de febreiro de 2018, tivo lugar a reunión da Asemblea e do Consello Superior dos órganos directivos da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal ( AECT). Na reunión estiveron presentes Ester Silva e Jesús  Gamallo como membros do Consello Superior, xunto a Marta Fernández-Tapias, Miguel Corgos, Ana Díaz, Ricardo  Magalhaes, Natália Gravato e Teresa Carmo como restantes membros da Asemblea. Ademais, no transcurso da reunión tivo lugar a presentación da nova subdirectora da AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Graça Fonseca.

Durante a cita fíxose balance de actividades e aprobáronse as contas financeiras do ano 2017 e o orzamento e plan de actividades do ano 2018. Destacan especialmente algunhas accións a desenvolver no presente exercicio, tales coma un Cumio entre as autoridades de Galicia e o Norte de Portugal xunto ao Goberno español e o Goberno portugués en Turismo, xunto a outras accións vinculadas a este sector, actos de promoción e impulso á industria e o emprego eurorrexional, a participación no Forum luso galaico da Economía do mar, a colaboración na visita do Presidente da Xunta de Galicia a Lisboa e unha nova convocatoria do Programa  IACOBUS.

A Eurorrexión Galicia Norte de Portugal ( AECT) en 2017

No encontro, celebrado nas instalacións da AECT da Eurorrexión en Vigo, fíxose balance das principais actividades levadas a cabo durante o ano 2017, tales como a xestión e seguimento da 4ª convocatoria e a apertura da 5ª convocatoria do Programa  IACOBUS. Nesta última convocatoria seleccionáronse 135 proxectos dos 295 presentados, o que mostra o interese e éxito do programa. A 5ª convocatoria, en desenvolvemento dende febreiro ata xuño, conta cun orzamento de 150.000€.

Tamén destacouse a organización do XI Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal en Braga. Neste Plenario o Presidente da  Comissão de  Coordenação e  Desenvolvimento Rexional do Norte e Presidente da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal ( CTGNP), Fernando Freire de Sousa, cedeu a presidencia da CTGNP ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Outros eventos importantes do 2017 foron o encontro de cooperativas celebrado en Valença do Minho; o evento eurorrexional do sector xardinería organizado en Oporto; o Job Day do sector TIC levado a cabo en Guimarães; ou o desenvolvemento das actividades culturais enmarcadas no Programa  NORTEAR, coma a entrega do terceiro premio literario  Nortear e lanzamento da 4ª edición, que tivo lugar en Vigo, as exposicións realizadas en Guimarães e Santiago de Compostela ou as Conversas Nortear, que se desenvolveran en Pontevedra.

O traballo que realiza a Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal a través do seu AECT finánciase con fondos propios dos seus socios (Xunta de Galicia e CCDR- N) e mediante a participación en proxectos europeos, destacando o INTERREG VA, o Programa de Cooperación  ESPON 2020 e o Programa Espazo Atlántico.

Desenrrolado con Drupal