Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

Reunión do paternariado do proxecto 0101_GNP_AECT_1_E (Vigo)

07 Marzo 2018

Reunión do paternariado do proxecto 0101_GNP_AECT_1_E (Vigo)

O 6 de marzo de 2018 na sede da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal ( GNP, AECT), tivo lugar unha reunión de seguimento do proxecto 0101_ GNP_ AECT_1_E no que a GNP, AECT exerce de beneficiario principal. No citado encontro participaron a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento rexional do Norte ( CCDR- N), a Dirección Xeral de Administración Local - Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Igualdade ( SXI) - Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Estatística (IGE), a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal ( FCEER), a Direção Rexional de Cultura do Norte e a Secretaría Xeral de Cultura - Xunta de Galicia, en calidade de socios do proxecto. O principal obxectivo da reunión foi analizar o punto de situación das actividades de cada socio e determinar a necesidade de efectuar modificacións orzamentarias. A GNP, AECT aproveitou ademais para dar a coñecer aos seus socios a apertura da 2ª convocatoria do Programa INTERREG V-A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020, e para confirmar que se presentará como beneficiario principal, dando inicio xa aos labores de planificación de actividades a desenvolver no período 2020-2021. O proxecto 0101_ GNP_ AECT_1_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020.

Fonte: GNP AECT

Desenrrolado con Drupal