Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

Visita dunha delegación chinesa do Instituto Etnolóxico e Antropolóxico da Academia de Ciencias Sociais de China á sede da CCDR-N en Porto

15 Abril 2011

Visita dunha delegación chinesa do Instituto Etnolóxico e Antropolóxico da Academia de Ciencias Sociais de China á sede da CCDR-N en Porto

Porto, 15 de abril de 2011.- Unha delegación chinesa do Instituto Etnolóxico e Antropolóxico da Academia de Ciencias Sociais de China, acompañados de representantes da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, realizaron unha visita a sede da CCDR-N en Porto, co obxectivo de coñecer o funcionamento da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

Na reunión mantida cos representantes da CTG-NP a delegación chinesa puido coñecer a estatexia de cooperación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e os seus obxetivos. Ademais, co fin de mostrarlles como este espazo transfroteirizo é un referente da cooperación descentralizada entre Galicia e o Norte de Portugal, analizouse a estrutura organizativa da CTG-NP e os diferentes ámbitos relacionados coa cooperación transfronteiriza nos que traballan estas dúas rexións.

Documentos

Ligazóns

Desenrrolado con Drupal