Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

A Xunta destaca a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal

26 Febreiro 2018

A Xunta destaca a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu hoxe á sinatura do convenio de constitución da Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño

Valença do Minho (Portugal), 24 de febreiro de 2018.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu hoxe á sinatura do convenio de constitución da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño.

A Xunta vén mantendo nos últimos anos unha importante aposta por fomentar a cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, o que ten convertido a nosa Eurorrexión nun referente a nivel europeo na materia.

Esta é a terceira AECT que se pon en marcha dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. De acordo cos seus estatutos, os seus dos socios principais serán a Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal Alto Miño. Estarán incluídos 18 concellos pontevedreses, todos eles pertencentes ás comarcas do Baixo Miño e Condado-Paradanta (A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balenario, Arbo, Crecente, A Cañiza e Covelo) e 10 cámara municipais: Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Caminha, Ponte de Lima, Melgaço, Valença, Monçao, Viana do Castelo, Paredes de Coura e Vila Nova de Cerveira.
 

Documentos

Ligazóns

Desenrrolado con Drupal