Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

A Xunta participa na 5ª edición do ‘Job Day’ que ten como obxectivo fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza

03 Maio 2017

A Xunta participa na 5ª edición do ‘Job Day’ que ten como obxectivo fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta mañá na quinta edición dos `Job day´ da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Dedicado ao sector TIC, esta edición procura promover a mobilidade e a contratación de traballadores na Eurorrexión, e pretende proporcionar o contacto directo entre os mozos/adultos e o mercado de traballo

 

Guimarães (Portugal), 2 de maio de 2017

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participou esta mañá na quinta edición dos `Job day´ da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, que teñen como obxectivo fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza entre as empresas de distintos sectores de actividade.

Dedicado ao sector TIC, a quinta edición do Job Day transfronteirizo procura promover a mobilidade e a contratación de traballadores na Eurorrexión, e pretende proporcionar o contacto directo entre os mozos/adultos e o mercado de traballo, propiciando a divulgación de oportunidades, o desenvolvemento de competencias e o networking dos participantes.
As anteriores edicións tiveron como protagonistas, o sector da metalurxia e metalomecánica; a hostalería e turismo; a agricultura e alimentacións; e o sector forestal. O resultado tense traducido na contratación de máis de medio centenar de desempregados dos dous lados da fronteira.
Nesta edición, participan 16 empresas, que ofrecen un total de 152 ofertas, de emprego, como xestor de sistemas, analista de negocios y de software, arquitecto de software, consultor, enxeñeiro da calidade y de software, xestor de proxectos, programador/ desarrollador e deseñador web. As xornadas rematarán cunhas xornadas sobre mobilidade laboral, o mercado laboral transfronteirizo, as posibilidades de contratación, retos e oportunidades do traballo transfronteirizo, e a cualificación no sector TIC.

Desenrrolado con Drupal