Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

A Xunta participa na presentación da nova Axenda de Cooperación Estratéxica Amizade Cerveira-Tomiño

03 Xullo 2017

A Xunta participa na presentación da nova Axenda de Cooperación Estratéxica Amizade Cerveira-Tomiño

Vila Nova de Cerveira (Portugal), 23 de junio de 2017.

- O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, destacou que esta cooperación de proximidade permite mellorar a integración e cohesión municipal e trátase dun dos eixos da Presidencia galega da Comunidade de Traballo, que asumiu o Presidente da Xunta o pasado 15 de maio no Plenario de Braga

- A cooperación de proximidade trata de reforzar aquelas políticas e instrumentos de cooperación que teñen por obxectivo mellorar as condicións e a calidade de vida dos cidadáns das zonas de fronteira

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou esta mañá na presentación da Axenda de Cooperación Estratéxica Amizade Cerveira-Tomiño, onde indicou que esta cooperación de proximidade é unha formula que permite mellorar a integración a integración e cohesión municipal. Na presentación participaron os alcaldes de ambas localidades, Sandra González e Joao Fernando Brito Nogueira.
Jesús Gamallo, indicou que a cooperación de proximidade trata de reforzar aquelas políticas e instrumentos de cooperación que teñen por obxectivo mellorar as condicións e a calidade de vida dos cidadáns das zonas de fronteira. Deste xeito, explicou o director xeral, desde a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal estase a impulsar e apoiar as estructuras e mecanismos de cooperación entre municipios galegos e portugueses así como a constitución de Eurocidades. O director xeral lembro, ademais, que a cooperación de proximidade e a cooperación entre concellos de Galicia e do Norte de Portugal é unha das prioridades da Presidencia galega da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
As dúas localidades, Tomiño e Vilanova de Cerveira, levan xa varios anos traballando xuntas, a partir do irmandamento que suscribiron ambas en 2015 e grazas ao proxecto europeo “Ponte da Amizade = Europea sen fronteiras”. Co apoio activo da Eurorrexión (AECT), reforzouse a colaboración entre estes dous concellos coa organización de diversas actividades de índole deportiva e cultural, como un simposio internacional, unha mostra gastronómica eurorrexional, sesións de teatro e danza, un workshop, unha exposición, unha conferencia na área do deporte ou unha proba de tríatlon internacional.
As actividades de cooperación transfronteririza entre Cerveira e Tomiño consolídanse coa presentación desta “Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño”, un proxecto co-financiado polo Programa Interreg V A (POCTEP), que procura un desenvolvemento sustentable do territorio, repercutindo positivamente na mellora da calidade de vida e da cohesión social da poboación, e na repartición e optimización dos equipamentos e servizos públicos de utilización colectiva, así coma dos recursos humanos e económicos, nun programa de cooperación cara ao futuro.

Documentos

Desenrrolado con Drupal