Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

Feijóo destaca o papel estratéxico de Vigo ao abrir a sede da Eurorrexión

12 Outubro 2010

Feijóo destaca o papel estratéxico de Vigo ao abrir a sede da Eurorrexión

12 de outubro de 2010.- Posta de largo da Agrupación Europea de Cooperación, co novo ente administrativo que terá personalidade xurídica.

Alberto Núñez Feijóo, Abel Caballero e Carlos Lage, por Portugal, participaron onte na psota de largo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial de Galicia e Norte de Portugal, unha ‘axencia’ que servirá como instrumento das políticas da eurorrexión e que terá a súa sede permanente en Vigo, o que lle da a esta cidade un peso específico neste organismo administrativo. A AECT, en adiante brazo executor da Comunidade de Traballo Galicia-Portugal, ten personalidade xurídica propia e está ubicada no Cetmar de Bouzas. O seu primeiro director é a lusa Elvira Pacheco.

A AECT será o ‘brazo executor’ de políticas da Xunta e da Rexión do Norte de Portugal e tamén poderá impulsar a cooperación entre empresas e universidades de Galicia e o país vecino, lográndose unha ‘cooperación en rede’, asegurou de forma ben gráfica Feijóo na presentación de esta entidade, que onte se puso en marcha, coa esperanza de que a Eurorrexión non se alonxe de Europa senon que ‘aspire a gañar centralidade’ nos campos económico e social. Así, o presidente galego explicou que a AECT servirá como reforzo da cooperación que os dous territorios veñen desenvolvendo desde tempo atrás e que, por tanto, logrará mellorar a ‘competitividade’ e peso no ámbito europeo e internacional. Segundo asegurou, ‘xa existen robustas pones tendidas’, como no que atañe a infraestruturas viarias e ferroviarias, especialmente a alta velocidade entre Vigo e Porto; a energía, como no gas e a electricidade; así como a cooperación empresarial e a loita ante o‘futuro complexo’ que se abre de cara a negociación dos fondos europeos para o periodo 2013-2020.O presidente galego calificou a iniciativa de ‘matrimonio querido’ entre Galicia e Norte de Portugal e destacou a relevancia de que a AECT teña a súa sede en Vigo, o que supon un ‘recoñecemento expreso’ ao rol da cidade na ‘cooperación transfronteiriza’. Así, insistiu en que ‘a aposta estratéxica que Galicia e  o Norte de Portugal fanpor Vigo consolida o seu papel na Eurorrexión’. Destacou que, grazas á agrupación poderase ‘reforzar’ a cooperación, e, entre outros aspectos, eleva o nivel institucional da cooperación e permitirá incrementar as posibilidades de acceder a apoios da UE así como mellorar a gestión de proxectos conxuntos entre organismos de ambos lados do Miño. Por ultimo, o representante da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, Carlos Cardoso Lage, augurou que Galicia e o norte luso será ‘unha eurorrexión de futuro na Unión Europea’. En España Portugal hai dúas AECT máis: Duero-Douro, integrada por 87 municipios pequenos, e Salamanca Braganza. En toda Europa non chegan a oito en total.

Documentos

Ligazóns

Desenrrolado con Drupal