Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

Eurorrexión

Banner Eurorrexión

Localizada no Noroeste da Península Ibérica, a Eurorrexión formada por Galicia e o Norte de Portugal configúrase actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, pleno de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro. O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total de 51 mil Km2 (Galicia 29.575 e Norte de Portugal 21.284) e concentra unha poboación de 6,4 millóns de habitantes (Galicia 2.796.089 e Norte de Portugal 3.745.439), o que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab/Km2.

No que respecta á dinámica de actividade e emprego na Eurorregión, este concéntrase principalmente no sector servizos (57,1%), na industria e construción (32,7%) e no sector primario (10,2%) (datosIGE 2009)

Unha das variables que mellor traduce a influencia da conxuntura económica na calidade de vida da poboación é, sen dúbida, a taxa de desemprego entorno ao 11,7% (datos IGE 2009). Neste ámbito, ambas as dúas rexións benefícianse de niveis de desemprego menos gravosos que as respectivas medias nacionais.

Cabe destacar que o tráfico medio diario de vehículos pesados e lixeiros por esta zona fronteiriza, supón o 49% de todos os intercambios existentes ao longo de toda a fronteira entre España e Portugal.

En suma, este breve escenario caracterizador dos dous espazos que constitúen a Eurorregión Galicia-Norte de Portugal asume un carácter de forte complementariedade pero, simultáneamente, converte este espazo nunha plataforma territorial fortemente competitiva nun contexto de crecente globalización e internacionalización da economía.

Desenrrolado con Drupal