Logo UE FEDER
Logo Cooperacion transfronteiriza

SEMINARIO TERRITORIAL ÁREA DE COOPERACIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL. POCTEP 2021-2027

19 Decembro 2022

SEMINARIO TERRITORIAL ÁREA DE COOPERACIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL. POCTEP 2021-2027

O mércores 14 de decembro de 2022 celebrouse en Arcos de Arcos de Valdevez (Portugal), o Seminario Territorial da área de Cooperación Galicia – Norte de Portugal do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

O Seminario contou coa participación de máis de 200 persoas de diferentes entidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e estivo inaugurado pola secretaria de Estado de Desenvolvemento Rexional do goberno luso, Isabel Ferreira, o director xeral de Asuntos Exteriores e coa U.E. da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, o presidente de quenda da Eurorrexión e da CCDR-Norte, António Cunha, o representante da Autoridade de Xestión do Programa, Adrián Vecino, e o presidente da Câmara Municipal de Arcos de Valdevez, João Manuel Esteves.

O evento, promovido conxuntamente pola Xunta de Galicia e a CCDR-Norte de Portugal, tivo como obxectivo presentar as primeiras convocatorias de proxectos do POCTEP para o período 2021-2027, as Estratexias Territoriais da Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal, e outras novidades do Programa, respecto ao período de programación anterior.

Este seminario foi un evento relevante para profundar na cooperación transfronteiriza, no que a Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal reafirmouse como unha das áreas de cooperación especialmente dinámica neste ámbito.

A gravación do evento está dispoñible nas redes sociais, nas ligazóns indicadas

Desenrrolado con Drupal